Buscan en Ourense un home de 72 anos desaparecido desde o venres
Publicado o 27/04/2020 14:10
A Policía Nacional busca en Ourense un home de 72 anos do que nada se sabe dende a noite do pasado venres. A súa familia denunciou a desaparición o sábado despois de buscalo durante toda a noite.
O home, veciño da avenida de Zamora, marchou da casa despois de volver de realizar unhas compras e aí pérdeselle a pista. Os axentes andaron primeiro na súa procura no barrio de Mariñamansa e ampliaron xa a súa busca a outras zonas da cidade das Burgas e mesmo dos arredores.
Máis sobre Ourense
14/01/2021 20:49