CRTVG

Buscar

Buscan dous ladróns que asaltaron varios negocios da Terra Chá que viaxan nun coche amarelo

Publicado o 20/01/2020 14:32

Buscan dous individuos como os presuntos autores de varios roubos en negocios da Terra Chá que se desprazan nun coche amarelo. O vistoso vehículo tamén forma parte do botín dos roubos que levan cometidos. Roubáronllo a unha das empregadas do centro xeriátrico de Outeiro de Rei.

O vehículo usárono para asaltar, espetándoo contra unha nave de Castro de Rei, dedicada á venda de penso e material agrícola. Entre os danos e o material que levaron, o dono calcula que perdeu uns 10.000 euros. Os dous individuos actúan coa cara tapada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020