CRTVG

Buscar

Oito mortos, entre eles catro menores, nunha explosión de gas en Polonia

Publicado o 05/12/2019 13:17

Oito persoas, entre elas catro menores, morreron hoxe como consecuencia dunha explosión de gas nunha vivenda na localidade de Szczyrk, no sur de Polonia.

As autoridades locais precisaron que "posiblemente" as vítimas son membros de dúas familias que residían no edificio, unha casa de tres andares.

Aínda que os equipos de rescate manteñen os labores de busca, practicamente dáse por descartado que queden máis corpos entre os entullos, o que elevaría a cifra final de falecidos a oito persoas.

Os feitos tiveron lugar esta madrugada, e as primeiras hipóteses apuntan a que a explosión podería ser causada por unha fuga na tubaxe do gas provocada por unha reforma na casa, de tres andares e onde residían os falecidos.

O edificio quedou reducido a entullos, e os labores de rescate víronse dificultadas polas baixas temperaturas e o fume.

A compañía que fornece gas na zona decidiu cortar o servizo tras a explosión, o que deixou a decenas de fogares sen combustible durante toda a noite, nunha rexión montañosa onde as temperaturas son inferiores aos cero graos.

A poboación de Szczyrk, na Silesia polaca, é un coñecido centro de esquí en Polonia.

Tanto desde a Presidencia como desde o Goberno polaco trasladáronse aos achegados as condolencias pola traxedia.

Noticias web

05/12/2019