CRTVG

Buscar

Buscan con cans adestrados a rapaza desaparecida en Ourense

Publicado o 24/02/2020 10:06

A policía nacional intensifica a busca de Nerea Añel. Puxo en marcha esta mesma mañá un dispositivo na zona da Valezá, nas inmediacións do motel Cancún para dar co seu paradoiro. No dispositivo participan cans adestrados e ademais de axentes da policía nacional tamén participa protección civil.

As investigacións non desbotan a posibilidade de que a súa marcha fose deliberada, pero tampouco que algo lle puidera acontecer, ou que estivera retida contra a súa vontade. A nai denunciou os feitos hai duas semanas, tras non saber nada dela dende hai preto dun mes. Todas as hipóteses están abertas.

Nerea ten 26 anos e foi vista por última vez no barrio ourensán de Covadonga. Nesa zona, na de Eiroás e na de Santa Teresita foi onde a policía centrou a busca nun primeiro momento, agora estendeuse tamén a estas outras zonas da cidade.