CRTVG

Buscar

Buscan con drons e cans unha anciá desaparecida preto de Santiago

Publicado o 08/08/2021 20:15

É unha foto recente de María Chico, desaparecida, que ten 76 anos. A muller veu pasar o verán co seu home a esta casa que teñen preto de Santiago, aínda que residen en Alemaña.

Ás nove da noite do sábado, a muller foi buscar os netos á vivenda de en fronte para que fosen cear e en lugar de ir de volta para a súa botou a andar noutra dirección.

"Ten demencia, demencia grave. En Alemaña xa estivo unha vez nove horas despistada, pero tróuxoa unha veciña para a casa", explica o seu home.

A familia empezou a buscala inmediatamente. Logo uníronselles os veciños e tamén avisaron a policía. O dispositivo aínda se ampliou máis durante o día de hoxe.

A muller coñece pouco a zona e nunca vai soa, pero o home teme que se puido afastar bastante. De feito, os equipos de busca foron ampliando o perímetro para rastrexar e os veciños tamén prevén seguir peiteando os camiños cara á cidade de Santiago.

Noticias web

08/08/2021