CRTVG

Buscar

Buscan con cans superviventes do derrubamento dun edificio no Brasil

Publicado o 16/10/2019 11:27

Os bombeiros buscan 9 persoas desaparecidas tras o derrubamento dun edificio na cidade brasileira de Fortaleza.

Outras 9 persoas foron rescatadas con vida entre os cascallos. O bloque de sete pisos derrubouse o luns pola mañá. Nos primeiros momentos informouse dun falecemento, pero non está confirmado. Os equipos de rescate buscan posibles superviventes coa axuda de cans.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019