Buscan baixo os cascallos todas as claves do incendio do Ceao
Publicado o 27/04/2021 14:36
Axentes especializados chegados desde Madrid reforzan en Lugo a investigación do incendio que causou danos millonarios no polígono industrial do Ceao.
As pescudas realízanse seguindo o camiño inverso ao que seguiu o lume, é dicir, desde a parte exterior máis afectada ata o punto onde puido orixinarse o sinistro.
A Policía Científica toma fotografías e busca calquera pegada que poida darlles información sobre a orixe e as causas do sinistro que arrasou seis naves.
Unha das claves, e tamén das maiores complicacións, vai ser limpar os restos sen danar ningunha proba porque baixo a montaña de cascallos poderían estar todas as respostas.