CRTVG

Buscar

Buscan asintomáticos en Cambre para frear a suba de contaxios

Publicado o 17/04/2021 13:46

O alcalde de Cambre lamentaba o incremento de casos no concello, que, segundo nos explicou, ten a súa orixe en actitudes irresponsables. "Parece que houbo dúas festas de rapaces, que foron os que provocaron a suba de casos, segundo me comentaron desde o CHUAC", explicaba Óscar García Patiño.

O rexedor alentaba os veciños a denunciar as festas ilegais. "Na Semana Santa fixemos máis de vinte denuncias por festas particulares. Os propios veciños denunciáronas. Agradecémolo moito e animamos a que o sigan facendo para erradicar este virus", puntualizaba o alcalde.

Tras a busca de asintomáticos no instituto, os convocados a este rastrexo poboacional son veciños de entre 40 e 59 anos. Para moitos non é a primeira proba.

O de Cambre non é o único cribado masivo en marcha nesta provincia. Na cidade da Coruña botou a andar o luns un para máis de 10.000 persoas de entre 20 e 40 anos e en Ortigueira organizaron outro para 400 persoas.

Noticias web

17/04/2021