Buscan os 150 desaparecidos no derrubamento dun edificio en Miami
Publicado o 29/06/2021 14:11

En Miami buscan aínda os 150 desaparecidos no derrubamento dun edificio. Xa van 6 días desde o sinistro, nos que se foron recuperando moi aos poucos 11 corpos. Os rescatistas traballan contra o reloxo entre os cascallos por se houbese superviventes nalgunha zona preservada das ruínas. A outra prioridade é recuperar canto antes os corpos do resto das vítimas.
A alcaldesa prometeu unha investigación a fondo para determinar as causas do suceso. Tamén se revisarán as outras dúas torres do complexo para garantir que son seguras.