CRTVG

Buscar

Buscan unha muller de 69 anos desaparecida en Foz

Publicado o 04/10/2021 12:36
Buscan unha muller de 69 anos desaparecida en Foz

Unha muller de 69 anos, natural de Foz, permanece desaparecida desde este domingo. Segundo a información facilitada pola Garda Civil, a muller, veciña da parroquia de Fazouro, padece alzhéimer nun estado avanzado, e xa desaparecera do seu domicilio noutras ocasións, aínda que sempre regresara polos seus propios medios. 

As autoridades tiveron coñecemento desta desaparición ás 22:00 horas deste domingo, sendo xa noite, e despregouse un dispositivo de busca, activo durante toda a madrugada, con axuda dos medios locais e dos propios veciños.

De momento, a procura céntrase no lugar en que se supón que desapareceu, nunha zona de monte en Fazouro, onde se despregou un dispositivo formado por efectivos de Protección Civil, membros do GES de Cervo e axentes da Garda Civil, ao que esta mañá se sumou un helicóptero da Garda Civil e a Unidade de Guías Caninos, que tratan de atopar o rastro que permita a súa localización. 

 

Noticias web

04/10/2021