CRTVG

Buscar

Buscan un mozo de Narón desaparecido desde mediados de setembro

Publicado o 16/11/2020 16:51
Buscan un mozo de Narón desaparecido desde mediados de setembro

A Plataforma SOS Desaparecidos activou este pasado venres, 13 de novembro, unha mensaxe de busca para tratar de localizar ao mozo de Narón, Fiz Patiño Rubal, de 23 anos, que permanece en paradoiro descoñecido desde o 16 de setembro.   

Segundo indica esta plataforma de axuda na procura de persoas desaparecidas, mide entre 1,75 e 1,80 metros, ten complexión atlética, pelo castaño e ondulado, ollos azuis e tatuaxes no brazo esquerdo e mans. Ademais, necesita medicación.   

Por iso, apela a que se algunha persona pode achegar algún tipo de información sobre o seu paradoiro que chame ás forzas e corpos de Seguridade do Estado, ao teléfono 112 ou aos móbiles de SOS Desaparecidos 642 650 775 ou 649 952 957, ou ben empregue o correo sosdesaparecidos@sosdesaparecidos.es