CRTVG

Buscar

Buscan a un home desaparecido hai dez días na zona de Belesar

Publicado o 02/03/2019 21:02

"SEGUE A BUSCA DE EMILIO PINTOR/DESAPARECEU HAI DEZ DÍAS" A orografía da zona é tan impresionante como chea de dificultades para dar cunha persoa da que se perdeu o rastro nela. Belesar está cheo de carreiros, casas abandonandas e recunchos inaccesibles polos que podería estar Emilio Pintor, o home de 43 anos natural de Melide e veciño da Coruña do que nada se sabe dende o xoves 21 de febreiro, cando a antena de Mourelos rexistrou o último sinal do seu móbil.
Emilio Pintor, desapareceu canda o seu coche, un citroën Ax negro, matrícula de Pontevedra.

TANIA PINTOR. SOBRIÑA DO DESAPARECIDO: "Hai que buscar dende cero, manifestámonos para que non se pare... hai que dar resposta a dous nenos, son dous nenos de seis e nove anos"

A proximidade do río fai sospeitar que Emilio caese nel co coche. Nese caso faise imprescindible o xeordar, xa que detecta as formas baixo a auga, e así os buzos terían un lugar concreto de busca. Pero segundo denuncia a familia, o xeoradar non dá chegado.

TANIA PINTOR. SOBRIÑA DO DESAPARECIDO:"Dixeron que viña un xeoradar que pode localizar e non ... o que rquremos é os máximos medios, encontrar algo"

ANA BLANCO, MULLER DE EMILIO PINTOR: "Nós o que queremos é que se siga investigando; estamos esperando un xeoradar pero tarda, as aministraci´çons son moi lentas; eu teño dous nenos pequenos que todos os días están esperando a que o seu pai regrese ou a que eu lles dea unha expicación, e non teño nada que lles dicir"

A familia no vai cesar na busca ata que saiba algo de Emilio

Noticias web

02/03/2019