Buscan 450 xornaleiros para recoller arandos este verán en Cerdido
Publicado o 10/06/2019 20:09
Unha empresa de Cerdido busca 450 xornaleiros para apañar arandos este verán. Pasadomañá abrirá o período de contratación.
Esperan ter un boa colleita e necesitan peóns para recoller 72 hectáreas de terreo. A campaña arrancará o 17 de xuño.