CRTVG

Buscar

Buscamos alternativas ás bolsas de plástico

Publicado o 03/07/2019 21:26

O oitenta por cento dos plásticos de uso humano acaban no mar ameazando cun futuro aberrante.

Cinco séculos poder tardar en se descompoñer. Por iso cada vez custa menos falar dun mar de plástico. Porque en Europa só reciclamos o sete por cento. E seguimos e seguimos consumindo: dez millóns de bolsas de plástico máis cada minuto nun único planeta.

Urxen solucións. Pagamos pola bolsa dende hai un ano. E prohibirase a súa distribución en dous anos.

Mentres, ímonos adaptando a opcións coma as bolsas de papel ou o clásico carriño da compra.

E vai subindo a concienciación e van subindo as xa populares bolsas de tea.

A decisión aínda está nas nosas mans: a bolsa ou a vida.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019