CRTVG

Buscar

Burela xa supera a Sanxenxo en incidencia acumulada a 14 días

Publicado o 02/08/2021 14:08

Pouco movemento hoxe de turistas e veciños na zona de praias de Burela. Este concello é o segundo coa maior incidencia acumulada de Galicia, tan só superado polo do Grove. Son 176 persoas coa enfermidade e unha incidencia a 14 días de 1853.

En Viveiro e Foz, tamén en nivel máximo de restricións, os casos activos a día de hxe son 221 e 141 respectivamente. A Mariña está a ser moi castigada por esta quinta ola aínda que nas últuimas horas se percibe un certo parón do ritmo de contaxios.

"Percíbese unha maior asistencia a consultas e urxencias tanto no hospital como nos centros de saúde. É normal polo efecto desta nova ola", explica María José Cortés, xerente do distrito sanitario da Mariña. 

Os concellos de Ribadeo, Xove e Cervo, que están en nivel alto de restricións, tamén contabilizaron baixadas leves no número de casos este luns. Ao igual que os de Barreiros, Mondoñedo e O Valadouro, que estaban en nivel medio. O concello de Trabada volve estar libre de covid ao non haber casos activos. Veciños e turistas amósanse preocupados pola evolución da pandemia na Marña.

Catro pacientes da área sanitaria da mariña foron trasladados nos últimos días ás UCIS do hospital de Lugo ao agravarse a súa situación.

Noticias web

02/08/2021