CRTVG

Buscar

En Burela volven votar unha semana despois das xerais

Publicado o 17/11/2019 14:07

Unha semana despois das eleccións xerais, 38 municipios volven ás urnas. Entre eles Burela. 630 electores, os dunha mesa da localidade mariñá, deben volver votar polos candidatos das municipais de maio.

Seis meses despois das eleccións municipais, nesta mesa de Burela volven votar. Repiten o proceso porque os resultados foron anulados pola xunta electoral. Un partido reclamou que faltaban varios votos nulos.

Chamados a votar están 630 electores, pero o certo é que acoden moitos máis porque neste colexio electoral había outras dúas mesas.

Non houbo campaña e os electores poden elexir entre seis candidaturas, porque unha que se presentou en maio acordou non concorrer nesta ocasión. A media mañá, poucos eran os que xa votaran.

Son votacións excepcionais por canto só se levan a cabo nunha mesa, pero polo demais desenvólvense sen incidencias. A xornada presúmese longa.

O reconto final decidirá un concelleiro do goberno municipal, que ata agora está en funcións. Presidido polo PSOE, que conta con seis edís, catro ten o PP e tres o BNG.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí