Burela, Viveiro e Foz inician a fin de semana no nivel máximo de restricións
Publicado o 31/07/2021 16:23
Con disgusto, a hostalería acata en Foz as novas medidas que lles reduce a capacidade dos locais ao 30 % no interior e ao 50 % na terraza.
Consideran que son medidas pouco coherentes porque o resto de establecementos públicos non están sometidos ao mesmo control.
Falta de prudencia ou relaxación nas medidas de protección están detrás desta situación que fai que A Mariña presente este verán o récord de casos desde o comezo da pandemia, con máis de 800 casos activos.
Na provincia lucense tamén Monterroso está en nivel máximo de restricións e, ao igual cá Mariña, co ocio nocturno pechado e prohibidas as xuntanzas de persoas non conviventes entre a unha e as seis da mañá.