CRTVG

Buscar

Burela ten menos de 10.000 habitantes, pero prefire esperar

Publicado o 22/05/2020 17:01
Burela ten menos de 10.000 habitantes, pero prefire esperar

O BOE publica unha orde que elimina as franxas horarias para pasear e facer deporte en localidades de ata 10.000 veciños, iso si, cunha densidade inferior a 100 habitantes por km².

Burela ten menos de 10.000 habitantes pero conta cunha densidade de poboación superior a 100 habitantes por quilómetro cadrado. Por iso prefiren agardar no tocante ás franxas horarias.

Galicia entrará este luns na fase 2 da desescalada

Desde o vindeiro luns 25 de maio, haberá novidades en Galicia no tocante á liberdade de circulación, piscinas e praias ou comercios. Coa chegada á fase 2 do plan de desescalada, poderanse facer as actividades establecidas no BOE.

Así, entre outras cuestións, poderase circular pola provincia en grupos de ata 15 persoas, poderán abrir as piscinas (ao 30%, con cita previa e sen usar duchas e vestiarios), así como os centros comerciais; estes últimos cun límite nas tendas do 40% de ocupación e do 30% en espazos comúns.