Burela manifesta o seu apoio a Alcoa nunha nova concentración multitudinaria
Publicado o 24/10/2019 21:10
Nova concentración na Mariña para reclamar medidas que garantan a continuidade de Alcoa. Esta terceira convocatoria celebrouse en Burela coa presenza de centos de veciños de toda a comarca que volveron pedirlle ao Goberno a modificación do estatuto das empresas electrointensivas para asegurar a viabilidade da factoría de aluminio.
Malia o mal tempo, a asistencia á concentración voveu ser moi numerosa. O comité de empresa e os alcaldes da zona sinalan que cada semana que pasa sen que se apliquen as medidas que reclaman supón un risco para a continuidade de Alcoa na Mariña.