CRTVG

Buscar

Burela e Poio van loitar pola Copa da Raíña de Fútbol Sala nunha final entre catro que se disputa desde este venres en Málaga

Publicado o 17/12/2020 21:21

Hai menos de seis meses o Burela proclamouse campión de Liga ao vencer ó Alcorcón nunha fase final expreés que se disputou en Málaga. As da Mariña regresan ao mesmo escenario para pelexar tamén pola Copa, nunha final entre catro na que volven topar co mesmo rival, esta vez, nas semifinais. As galegas van a polo título.

Julio Delgado, adestrador do Burela  Pescados Rubén: "A Copa da Raíña é un obxectivo no nosos calendario. Non hai favoritos pero confío moito no equipo".

As burelás están invictas na liga esta temporada, só cederon un empate e ademais son as vixentes campioas de copa. Se o Burela está ante unha oportunidade de ampliar o seu palmarés o Poio Pescamar está ante unha cita hitórica. Na tarde deste xoves tiveron o primeiro contacto coa pista malagueña.

As pontevedresas, tamén en boa forma na liga, xogan a outra semifinal contra o Universidade de Alacante. De modo que a Copa da Raíña de Fútbol Sala pode ter nesta edición unha final galega.

Noticias web

17/12/2020