CRTVG

Buscar

Burela e Peñíscola empatan nun partido cheo de alternativas (3-3)

Publicado o 04/01/2021 21:56

O Burela Pescados Rubén empatou no Pavillón de Vista Alegre co Peñíscola (3-3) nun partido cheo de alternativas. 

No primeiro tempo os goles chegaron nun espazo moi curto de tempo. Adiantou Quintela aos galegos, empatou o ex do Parrulo Rahali a Peñíscola e na seguinte xogada Iago Míguez puxo o 2-1. 

Xa no segundo tempo o Peñíscola remontou con dous goles de Bruno Gomes en menos de dous minutos. Alex Diz, no minuto 32, puxo o definitivo empate a tres goles. 

Noticias web

04/01/2021