CRTVG

Buscar

Burela-Cartaxena e Parrulo-Zaragoza, na primeira xornada de liga

Publicado o 17/09/2020 21:56
Burela-Cartaxena e Parrulo-Zaragoza, na primeira xornada de liga


Hoxe coñecemos un novo calendario, o do fútbol sala masculino, que esta temporada contará con dous club máis que a edición anterior.
Os dous equipos galegos na máxima categoría estréanse na casa o tres de outubro. O Burela Pescados Rubén recibe o Cartaxena e o Parrulo o Zaragoza.

Os derbis serán o 9 de novembro en Burela e o 2 de abril en Ferrol. E ambos conxuntos despiden a temporada tamén na casa. Os de Juanma Marrube ante o Palma e os de Héctor Souto recibindo o Valdepeñas.
 

Noticias web

17/09/2020