CRTVG

Buscar

Bugallo reivindica que os históricos do PSOE teñen sitio no partido

Publicado o 17/06/2019 18:31

O novo alcalde de Santiago, Xosé Bugallo, presentou hoxe a configuración do seu goberno. Nunha entrevista no Bos días tendeu a man á oposición para buscar acordos e tamén se referiu á presenza de históricos do PSOE no seu acto de investidura, como Touriño ou Xosé Blanco. Reivindicou que esa xeración ten sitio no partido.

"Eu sinto un pouco como a reparación dunha certa inxustiza. Houbo un momento dentro do PSOE, e tamén na sociedade, un proceso de cambio, que me parece normal e positivo, en que parecía que o cambio tiña que ser tirar ao vertedoiro persoas que prestaron un servizo a este país", asegurou Bugallo.

 

Noticias web

17/06/2019