CRTVG

Buscar

Bugallo apela ao diálogo político na Ofrenda ao Apóstolo

Publicado o 25/07/2019 21:13

A igrexa de San Martiño Pinario acolleu por primeira vez en catro séculos a Ofrenda ao Apóstolo, obrigada a trasladarse por mor das obras no interior da catedral. O alcalde de Santiago exerceu de delegado rexio e na súa invocación pediu polo diálogo político e polo vindeiro ano santo.

A actualidade política coouse na Ofrenda e tanto Xosé Sánchez Bugallo coma o arcebispo fixeron un chamamento ao diálogo político para acadar consensos polo ben común. O delegado rexio pediulle tamén ao Apóstolo por unha sociedade máis xusta que erradique a violencia machista e apelou á unidade de todos na organización do vindeiro Xacobeo.

Na resposta á Ofrenda, Xulián Barrio animou a non caer no risco de ir cada un ao seu e do sálvese quen poida.

Como manda a tradición, antes da misa o oferente pasou revista na parada militar do Obradoiro e saúdou ás autoridades que asistiron ao acto, encabezadas polos presidentes da Xunta, do Parlamento de Galicia e do Tribunal Constitucional.

Noticias web

25/07/2019