Aparecen caixas de consoladores baleiras preto da furgoneta de Vicedo
Publicado o 24/04/2019 19:28
A Garda Civil colabora coa Garda Urbana para dar co paradoiro do condutor da furgoneta que caeu por un cantil no Vicedo. Trátase dun veciño de Reus que alugou o vehículo no aeroporto de Barcelona.
Mentres, no lugar do accidente seguen aparecendo restos do que podería haber na furgoneta. No camiño que dá acceso ata o vehículo apareceron varias caixas baleiras de consoladores, unha nova curiosidade neste estraño suceso.
Os investigadores barallan que a furgoneta ou ben caeu de xeito fortuíto ou intencionado, pero en ambos casos sen o condutor.