CRTVG

Buscar

Bruxelas urxe aos estados a que decidan se queren cambiar a hora ou non

Publicado o 14/09/2018 21:27

Bruxelas di que confía en que os estados veciños se coordinen para tomar a mellor decisión sobre a supresión do cambio de hora. Se sae adiante esa proposta da Comisión Europea, a de acabar co cambio horario e que cada estado elixa a de verán ou inverno, habería un importante cambio no mapa de horarios da Unión.

Actualmente, nos 28 países da Unión Europea hai tres franxas horarias diferentes. Se finalmente os estados aceptan deixar de cambiar a hora de inverno e verán, os horarios estarían aínda máis fragmentados entre os socios. O Executivo europeo quere que a partir de outubro do vindiero ano non haxa máis cambios. A Comisión Europea pídelle aos estados que son veciños que se coordinen na elección do horario e facilitar as relacións entre les, por exemplo, nos transportes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018