Bruxelas advirte a Marrocos: "A de Ceuta é unha fronteira coa Unión Europea"
Bruxelas advírtelle a Marrocos que Ceuta tamén é fronteira da Unión Europea. Nun debate sobre inmigración no Parlamento Europeo, a comisaria de Interior describiu o ocorrido en Ceuta nas últimas horas como unha chegada de migrantes irregulares "sen precedentes", que cualificou de "preocupante".
Ylva Johansson avisou a Marrocos de que a súa fronteira con Ceuta é tamén unha fronteira coa Unión Europea, e instou a Rabat a cumprir os seus compromisos de control de paso e que os migrantes sen dereito a asilo sexan deportados de maneira "ordenada e efectiva".
Tamén o vicepresidente da Comisión Europea se solidarizou con España e dixo que esta é unha crise europea. Margaritas Schinas insta a un pacto de política migratoria que protexa de forma robusta as fronteiras da Unión.