CRTVG

Buscar

Bruxelas sancionará con 200 euros os fumadores que tiren as súas cabichas ao chan

Publicado o 21/11/2019 21:21

A medida entrará en vigor no mes de xaneiro e supón un forte endurecemento nas penalizacións por este tipo de actos incívicos, que ata agora podían supor unha multa de 50 euros.

Coa prohibición de fumar en bares e restaurantes, e sobre todo en oficinas, onde non hai terrazas, é frecuente ver grupos de persoas fumando na ría ás portas dos edificios, e non todos tiran en papeleiras ou cinseiros as súas cabichas.

Para facilitar este comportamento máis limpo, colocaranse un centenar de cinseiros pola cidade e tamén se repartirán algúns portátiles para concienciar os fumadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019