CRTVG

Buscar

Bruxelas recomenda abrir as fronteiras internas a finais de xuño

Publicado o 05/06/2020 15:20

Os ministros de Interior de Unión Europea reúnense esta tarde por videoconferncia para acordar unha resposta coordinada á apertura de fronteiras entre os países da Unión; unha apertura que permitiría a libre circulacioón de persoas dentro do espazo Schengen. 

As diferentes propostas individuais dos diferentes países, entre eles, España, convertéronse en motivo de tensións entre gobernos da Unión Europea. Coa xuntanza de hoxe tratarán de poñer orde ao caos de datas e restricións impostas desde o inicio da pandemia do coronavirus.

Bruxelas adiantou esta mañá que a Comisaria de Interior Ilva Johansson vai propoñer que se reabran as fronteiras internas da Unión a finais de xuño.