CRTVG

Buscar

Bruxelas quere que o pasaporte de vacinación estea funcionando antes do verán

Publicado o 01/03/2021 16:02

A Unión Europea traballa co obxectivo de facer realidade este mes o pasaporte dixital de vacinación. A intención de Bruxelas é que o certificado de vacinación poida empezar a funcionar antes do verán.

A presidenta da Comisión di que este pasaporte abre a porta a facilitar os viaxes dentro da UE. E apuntou que ten que ser compatible cos sistemas que os 27 poñan en marcha para controlar as campañas de vacinación. Para España é crucial de cara á campaña turística do verán.

 

Noticias web

01/03/2021