CRTVG

Buscar

Bruxelas promete doses para que a UE estea inmunizada a mediados de xullo

Publicado o 22/03/2021 14:51

Bruxelas promete as doses necesarias, de distintas vacinas, para que toda a Unión Europea estea inmunizada. A data que fixan é a de mediados de xullo.

Son declaracións do comisario europeo do mercado interior nunha entrevista nunha canle francesa. Puxo a data do 14 de xullo como referencia para acadar a inmunidade a nivel de continente.

Di que teñen capacidade para entregar de 300 a 350 millóns de doses dende agora a finais de xuño, e que non precisarán da vacina rusa para acadar ese obxectivo.

Noticias web

22/03/2021