Bruxelas presentará o 17 de marzo o pasaporte europeo de vacinación
A previsión en Bruxelas é ter este certificado para o día 17, co nome de Permiso Dixital Verde. O documento certificará se unha persoa está vacinada ou viaxa con tests negativos. E funcionará xa no verán.
A protección e a privacidade dos datos estarán garantidas, segundo a presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen. O obxectivo é permitir gradualmente as viaxes seguras dentro da Unión ou dende fóra, por traballo ou para turismo.
España defendeu xunto a socios como Austria, Bulgaria ou Grecia fixar xa a condicións para iso. Fíxoo na reunión de alto nivel entre os ministros europeos de Turismo, onde a titular española, Reyes Maroto, celebrou que a UE avance cara a ese certificado común de vacinación e pediu máis axudas europeas para o sector.