Bruxelas prepara unha resposta común á escalada do prezo da luz en Europa
Publicado o 22/09/2021 18:55

Bruxelas está a preparar unha resposta común á escalada de prezo da luz en toda Europa tras a presión de España. A ministra para a Transición Ecolóxica avanzou que a Comisión Europea dará a coñecer nas próximas semanas o paquete de propostas con opcións flexibles para que os estados membros poidan dar unha resposta común á suba da electricidade.