CRTVG

Buscar

Bruxelas pídelle explicacións ao Goberno polo rescate a Plus Ultra

Publicado o 12/05/2021 15:07
Bruxelas pídelle explicacións ao Goberno polo rescate a Plus Ultra

A Comisión Europea pídelle explicacións ao Goberno español polo rescate a Plus Ultra. O Executivo tivo que presentar alegacións para evitar que Bruxelas abra un procedemento por axuda do Estado ilegal. Entre os argumentos para xustificar o rescate á aeroliña, o Goberno sinala que as compañías pequenas tamén son relevantes.

A comisión quere aclarar os detalles da axuda de 53 millóns de euros a Plus Ultra, tras a denuncia do líder de Ciudadanos no Parlamento europeo, Luis Garicano, que considera ilegal esa concesión.

Noticias web

12/05/2021