Bruxelas pide información sobre as reformas xudiciais
Publicado o 28/04/2021 15:15
A Comisión Europea ten o foco posto nas reformas que afectan ao Poder Xudicial. Pide información ao máximo órgano de goberno dos xuíces dos cambios que pretenden limitar as súas funcións.
O Consello Xeral do Poder Xudicial ten pleno esta tarde para falar de que lle responden a Bruxelas. A reforma do Goberno de PSOE e Podemos limita as súas funcións cando teñen o mandato caducado, como agora.
Os xuíces sosteñen que no Supremo hai sete vacantes que non se poderán cubrir por esta nova lei. En Bruxelas hai preocupación pola reforma. A Comisión vixía os pasos de Moncloa e xa botou por terra a anterior proposta, a de recortar a maioría parlamentaria coa que se escollen os xuíces do Poder Xudicial.