CRTVG

Buscar

Bruxelas pide aos gobernos que non pechen as fronteiras dos seus países durante o Nadal

Publicado o 02/12/2020 15:45

Europa tamén pensa no Nadal. A Comisión non se opón a que os europeos viaxemos e, para evitar riscos, aconsella unha medida: a de apostar polo teletraballo xusto antes e despois das vacacións.

Estas son algunhas das recomendacións que saen este mércores desde Bruxelas. De feito, o executivo comunitario aconsella que non sexan obrigatorias nin as corentenas nin os test da covid para aqueles viaxeiros que se despracen entre rexións cunha situación epidemiolóxica semellante.

Agora ben, se a situación é diferente e no país de orixe a situación é peor, a Comisión Europea si recomenda que este requisitos sexan obrigatorios.

A petición máis destacable vén de que os desprazamentos polo continente non están a supor un risco significativo e adicional de contaxios agora mesmo.

Neste sentido, Bruxelas pide aos gobernos dos diferentes países que non pechen as súas fronteiras no Nadal.

Todo isto mentres aceleran as campañas de vacinación. O primeiro ministro belga, Alexander De Croo, acaba de anunciar que, posiblemente, Bélxica xa está preparada para iniciar a súa o 5 de xaneiro. Isto sería se a vacina de Pfizer e BioNTech se aproba o 29 de decembro.

Noticias web

02/12/2020