CRTVG

Buscar

Bruxelas nega ter responsabilidade na proposta de pagar por autovías de balde españolas

Publicado o 30/06/2021 16:19

Bruxelas nega que a proposta de que os españois paguemos peaxes nas autovías que eran de balde fose unha esixencia súa. A comisaria de transportes asegura que esa medida partiu do propio Goberno español e non do comunitario.

Esa foi a resposta da Comisión Europea á pregunta dun eurodeputado español de Ciudadanos sobre este asunto e coñeceuse a través da prensa. O executivo de Pedro Sánchez incluíu o pago por circular polas autovías no plan de recuperación que hai que cumprir para acceder aos fondos europeos.

A idea é que se empecen a aplicar no 2024, aínda que o Goberno quere chegar a acordo antes cos partidos políticos e co sector do transporte.

 

Noticias web

30/06/2021