Bruxelas lanza o certificado de vacinación: será de balde, dixital e bilingüe
Publicado o 16/03/2021 21:40
A Comisión presentará formalmente as características do coñecido como Certificado Verde Dixital este mércores. Terá un código de barras con que recoller a información do viaxeiro, que vacina se lle aplicou, cando ou en que país. Estará na lingua oficial dese Estado e en inglés.
No documento, a UE dará prioridade ás vacinas aprobadas pola Axencia Europea do Medicamento, ata agora as de Pfizer, Moderna, AstraZeneca e Janssen.
Eses tratamentos permitirán a mobilidade a calquera socio comunitario. Pero se a vacinación foi coa rusa ou a chinesa, cada país terá liberdade para permitir o paso libremente ou esixir requisitos adicionais, como corentenas e PCR negativas.