CRTVG

Buscar

Bruxelas insiste aos gobernos da UE a que rebaixen a factura da luz

Publicado o 20/10/2021 20:54

A presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, subliña que os Gobernos teñen dispoñibles medidas inmediatas para abaratar a factura da luz. Axudas públicas directas ás familias e pequenas empresas máis vulnerables ao encarecemento da luz. E tamén rebaixas de impostos.

Segundo os datos da axencia Estatística europea, un 30 % do custo da luz son taxas e cargas. España é un dos socios comunitarios onde máis representan na factura final.

Todo isto, poucas horas antes dun cumio onde a crise enerxética será protagonista. O Goberno español amosará o seu descontento polas solucións de Bruxelas. Fontes do executivo transmítennos á TVG que virán ao cumio coa máxima ambición para empurrar en prol de solucións en Europa a medio e longo prazo.

Pero dende o Consello Europeo rebaixan as expectativas da discusión entre os líderes e coinciden nas medidas propostas pola Comisión.

Noticias web

20/10/2021