Bruxelas inicia os trámites para investigar o rescate da aeroliña Plus Ultra
O rescate da compañía Plus Ultra chega a Bruxelas. A Comisión Europea analiza se investiga os 53 millóns de euros que lle deu o Goberno español a esta aeroliña que ten só catro avións.
A comisión abre os trámites para investigar esta axuda do Estado, que foi criticada por compañías con máis negocio en España como Air Europa e Iberia. E é que a embaixada española priorizou Plus Ultra nos voos a Venezuela fronte a estas empresas competidoras.
A investigación abriuse logo de que o eurodeputado de Ciudadanos Luis Garicano presentara unha denuncia formal en que acusa o Goberno español de facer mal uso dos 53 millóns de cartos públicos.
Garicano cre que é unha axuda desproporcionada para unha empresa non estratéxica, que só ten catro avións e unha cota de mercado inferior ao 0,1 por cento en España.