CRTVG

Buscar

Bruxelas empeora ata o 10,9 % a caída prevista do PIB de España en 2020

Publicado o 07/07/2020 17:34

España é a segunda economía da UE máis contaxiada pola crise da COVID-19. Ese 10,9 por cento de contracción é un punto e medio superior ás previsións da propia Comisión Europea feitas en maio. A pandemia está a ter un efecto devastador no comercio, na hostalería e no turismo.

A repunta da actividade que se agarda para esta segunda metade do ano non compensará o impacto dos confinamentos, e ademais na propia Comisión Europea agardan que seguirá aumentando o desemprego despois da fin dos erte.

Só Italia terá unha recesión económica maior que España, superior ao 11 por cento, e nese furgón de cola tamén está Francia cunha contracción semellante á española. A Comisión Europea sinala que a pandemia da COVID-19 está a ter un impacto na economía do continente, máis grave do que se agardaba.




 

Noticias web

07/07/2020