Bruxelas empeora as previsións para España cunha caída do 12,4% do PIB en 2020
A Comisión Europea e asegura que o batacazo do PIB será do 12,4% este ano e que a recuperación será do 5,4% en 2021 e do 4,8 en 2022.
Segundo estos augurios, seremos a segunda economía máis danada de toda Eropa, so por detrás da italiana.
O empeoramento do crecemento español vai afectar ao resto de indicadores, que tamén van actualizar as previsións para o outono. O comisario europeo de Economía, Paolo Gentiloni, presentará as proxeccións esta mañá, ás 11.
Pero non todo vai ser negativo. Segundo parece, o impacto na economía da segunda onda do coronavirus será máis pequeno que na primavera, entre outras cousas, por exemplo, porque empresas e traballadores están mellor preparados para o teletraballo.
Con todo, o resumo faino o vicepresidente da Comisión, Valdis Dombrovskis, referíndose a toda Europa: “Esperamos unha recuperación máis lenta da que pensabamos previamente”.