Bruxelas eleva a previsión de crecemento de España
Publicado o 10/07/2019 16:41

A Comisión Europea estima que o PIB español medrará o 2,3 por cento este ano. Tiran as exportacións e o consumo. A CE tamén di que a economía vai pisar o freo nos próximos trimestres. Para o 2020 prevé un declive do crecemento de catro décimas.