Bruxelas decide sobre o futuro dos voos entre países comunitarios
Bruxelas decide mañá como e cando reactivar os voos internacionais. O obxectivo sería chegar a xuño ou xullo sen ter que aplicar esas corentenas aos viaxeiros intracomunitarios. Sería xusto ao remate dos confinamentos en todo o continente, un proceso que en España é por fases, e ter así todo preparado para o comezo da temporada turística este ano.
Os gobernos de España, Italia ou Francia son os que máis están a presionar en Bruxelas para levantar esas restricións, nun proceso gradual en todo o continente, comezando con corredores seguros para os voos entre cidades ou rexións con menos contaxios da Covid-19.
Ademais, mañá a Comisión Europea aprobará que as aeroliñas poidan priorizar a devolución dos billetes cancelados con cupóns ou bonos e non tanto con reembolsos en metálico.