CRTVG

Buscar

Bruxelas dálle un portazo ás axudas para a renovación da frota pesqueira

Publicado o 16/05/2019 21:36

A negativa de Bruxelas para levar a cabo a renovación da frota pesqueira e a construción de novas unidades queda paralizada de momento. A decisión do Comisario Europeo de negar estas axudas xera moita incerteza e enfado no sector galego, que conta de media cunha frota de 34 anos de antigüidade.

Dende o sector defenden unha renovación que permitiría optimizar recursos, tanto de motorización como de habitabilidade, máis segura a bordo e máis selectiva nas capturas.

Esa unidade do sector traducirase nun novo documento que defenderán en Europa e que contará co apoio de todas as administracións. O obxectivo, redeseñar o novo fondo marítimo comunitario.
 

Noticias web

16/05/2019