CRTVG

Buscar

Continúa o cumio Europeo en Bruxelas coa mirada posta en Londres

Publicado o 18/10/2019 10:41

O Reino Unido e a Unión Europea logran un acordo para o brexit. Os líderes dos vinte e sete ratificaron a saída dos británicos da Unión no cumio celebrado onte á tarde en Bruxelas. 

Esta mañá continúa o cúmio pero os líderes europeos miran agora cara Londres. Coinciden en que en Bruxelas o traballo xa está feito. O presidente da Comisión Europea sinala que este acordo proporciona seguridade xurídica para os cidadáns europeos e británicos, garantindo e respetando os seus dereitos. O acordo terá que ser aprobado polo Parlamento Europeo, pero será despois de que o fagan en Londres.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019