CRTVG

Buscar

Bruxelas cre que a suba do salario mínimo subirá o paro en España

Publicado o 08/11/2018 21:06

A Comisión Europea augura que a suba do salario mínimo ata os 900 euros ao mes provocará que deixen de crearse en España entre 70.000 e 80.000 novos postos de traballo nos vindeiros dous anos. 

O Executivo comunitario prevé que a suba do salario mínimo impactará negativamente na creación de emprego. Calculan os técnicos de Bruxelas que esa suba suporá uns 1.000 millóns de ingreso á Seguridade Social, cincocentos millóns menos dos que calcula ingresar o Goberno español. As previsións da Comisión rebaixan o crecemento para España e poñen en dúbida que se vaia recadar todo o que se pretende cos novos impostos recolidos no borrador de orzamentos presentado polo Goberno de Sánchez. Bruxelas desconfía do plan fiscal do Goberno pero lembra tamén que as diverxencias entre os estados e os técnicos comunitarios son habituais, e que xa as houbo tamén con gobernos anteriores.

España O informe da Comisión Europea sinala que, despois de cinco anos de expansión, a economía española empeza a frear. Por iso, Bruxelas rebaixa dúas décimas a súa previsión de crecemento para o noso país. Agora cre que medraremos este ano un 2,6% e en 2019 un 2,2. En consecuencia, o déficit reducirase unha décima menos do previsto e o paro tamén baixará menos. O comisario de Economía explica que son menos optimistas que o Goberno sobre o impacto dos novos impostos.

Bruxelas cre que a suba do salario mínimo impedirá crear de 70 a 80.000 empregos nos vindeiros dous anos. Pero tamén que axudará a que medren máis o resto dos soldos. O Goberno prefire ver o vaso medio cheo.

O executivo queda con que España seguirá medrando por riba da zona euro e máis que Alemaña, Francia ou Portugal.

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018