CRTVG

Buscar

Bruxelas confía nunha solución á crise catalá dentro da Constitución

Publicado o 12/10/2017 20:46

A Unión Europa continúa dándolle as costas ao plan secesionista do goberno da Generalitat. A Comisión Europea rexeita comentar a declaración de independencia suspendida de Puigdemont. Desde Bruxelas reclaman unidade.

O Executivo europeo asegura que mantén contactos constantes co Gobero de Mariano Rajoy. Piden unidade desde a Comisión Europea, xa non reclaman diálogo urxente, como facían estes últimos días, antes debe recuperarse a legalidade.

Do conflito en Cataluña falaron tamén esta tarde no Consello de Europa, o organismo internaconal que vela pola protección dos dereitos humanos condenu a violencia levada a cabo o un de outubro en Cataluña e insistiu na necesidade de entablar un diálogo e respectar a lei.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017