Bruxelas cobrará unha taxa de sete euros a cada turista británico que viaxe a calquera país da UE
Publicado o 05/08/2021 08:37

As secuelas do 'brexit' non deixan de sentirse no Reino Unido. Bruxelas cobrará unha taxa de sete euros a cada turista británico que viaxe a calquera país da Unión Europea.
A medida forma parte do Sistema Europeo de Información e Autorización de Viaxes, que entrará en vigor a finais de 2022 e ao que estarán sometidos os visitantes dos países aos que os 27 non esixen visas para entrar no seu territorio.
O anuncio colleu por sorpresa o Goberno británico, que rexeitou a posibilidade de responder da mesma maneira.