CRTVG

Buscar

Bruxelas busca consenso sobre a porcentaxe de emisións contaminantes

Publicado o 09/10/2018 22:22

Os ministros de Medio Ambiente da Unión Europea continúan reunidos buscando un consenso sobre a porcentaxe de redución de emisións contaminantes dos coches novos a partir do 2030.

A industria do automóbil considera difícil reducir un 30 por cento as emisións de dióxido de carbono de aquí a 2030. A patronal ANFAC trasladoulles a súa enorme preocupación aos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica. Nunha carta reclama o apoio do Goberno de España ao sector na negociación. Unha meta moi ambiciosa pode poñer en risco a industria do motor.

A industria pide un equilibro razoable entre a redución das emisións e a competitividade da industria da automoción.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2018